Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

LANCHA DE PATRIANO

Arquivo: Novembro 2006

24/11/2006 GMT 1

TP2 Comunitarismo

pacucho @ 10:08

COMUNITARISMO
A crítica inicial que recibiu a obra de Rawls, que se engloba na etiqueta do COMUNITARISMO.
O comunitarismo entronca con dúas cousas:
- Recupera temas da crítica romántica a ilustración.
- Incorpora achádegos da filosofía e metafísica contemporánea. Aportacións do xiro lingüístico contemporáneo, que comenzou con Nietzsche e Heiddeger, dará lugar a unha reformulación do panorama filosófico contemporáneo.
A teoríad a xustiza (1971) de Rawls causará un enorme debate. Da man de WITTGENSTEIN (a mente filosófica máis brillante dos últimos dous séculos –deus-) terá un impacto decisivo porque experimentará na súa propia obra un cambio radical. Decía en 1921 que a linguaxe perfecta era a que reproducía a realidade…(a linguaxe cinetífica) e que calquer intento de metafísica era un intento van condenado ao fracaso.
Tratatus logicus filosoficus (1921) «do que non se pode falar –na linguaxe do neopositivismo lóxico- o mellor é calar».
Por fin dispor na filosofía da linguaxe da ciencia, da Ilustración.
En 1934 B.Russell dixo que Wittgenstein mudara e que estaba traballando nunha filosofía que nada ten que ver… o chamado segundo Wittgenstein
En 1953 publícase As investigacións filosóficas, dí como Nietzsche que non hai feitos senón interpretacións. Cad alinguaxe ten sentido nos xogos da linguaxe propia de cada tradición. Fronte a idea básica da Ilustración que dí que hai unha linguxe universal, Wittgenstein dí que hai unha multiplicidade de linguaxes no mundo.
Ideas que xa aportara o debate entre Ilustración e Romanticismo. A contraposición entre individuo e comunidade.
Rawls fala de pluralidade de valores, de pluralismo. Concepto de autonomía individual.
O romanticismo apuntaba cara un valor, pero non se identifica claramente con el (comunidade). Temos que recuperar a dimensión da comunidade.
O segundo Wittgenstein dí que é unha quimera pretender que existe unha linguaxe universal. A imaxe máis acertada é pensar dende unha visión pluralista das linguaxes. As linguaxes refírense ás comunidades. Defender que hai un parámetro universal co que abarcar a todas as linguaxes é ridículo.
A idea básica é que a dimensión que estamos constituídos polo pasado, polas comunidades, que a excesiva fe na razón universal é enganosa.
Os pensadores Hamman, Herder, Humbodlt, aportaron a idea básica de cultura(s) fronte á civilización universal. Cada cultura ten o seu valor.
A dimensión básica é que a comunidade é a que se está a perder co progreso, co capitalismo.
O romanticismo foi un movemento que chamou a atención en que o sentimento que prospera é o de “perda do seu” homeleswess.
Alomenos cabe a pregunta de se ese sentimento de perda da patria, da comunidade… é a dimensión.
Esto é o que unha serie de filósofos políticos retoma fronte a obra de Rawls, é o que se chama Comunitarismo.
Ten unha doble anclaxe:
- Romanticismo.
- Xiro lingüístico hermenéutico (Nietzsche, Heiddeger, 2º Wittgenstein).
Durante os 70’ domina unha filosofía política e moral formulada dende estratexias racionalistas. A lóxica é racional (constructivismo) e de razonabilidade (tolerancia) pero sempre pensando en individuos concretos.
Producto da crítica do comunitarismo nos anos 80’ e 90’.
Os elementos que se valoran é o inserimento da racionalidade individual na colectiva. A idea básica é decir como podemos fundamentar un orde social e político democrático entendendo que os individuos non están aillados, senón agrupados en diferentes comunidades. O mundo non é atomístico de millóns de individuos aillados, senón que comparten linguaxes, valores…que compartimos en común…que é preciso incorporar na esfera pública e non uns valores moi ‘moles’ compartidos por todos como propoñía Rawls. Vivimos en ocmunidades e debemoslles a esas comunidades tamén uns valores que construimos entre todos e que se manteñen na comunidades.
Este é a base da crítica que fai o comunitarismo á teoría da xustiza de Rawls.

Ideas básicas de Rawls
Os individuos/persoas dirixen a súa propia vida según os seus criterios, son libres para a crítica. Somos nós na medida que construímos a nosa idea do mundo (autonomía moral) quen de dirixir a nosa propia vida, podemos elaborar e modificar… o eu ponse a si mesmo os seus propios fins. Temos capacidade de crítica. Idea básica: AUTONOMÍA.
Debedor da idea que somos autónomos, a soberanía do suxeito… o individuo ponse os seus propios fins. O eu é anterios aos seus fins. Nós somos previos aos nosos fins
Neutralidade do estado. Como temos a nosa escala de preferencias, o estado que non interveña. Prioridade da xustiza sobre o ben (razonabilidade).
Os valors poden defenderse por si mesmos e o estado ten que ser neutralmente activo.

Teses comunitaristas
Autonomía ou non é un concepto axeitado ou polo menos non é suficiente, porque temos que incluir a AUTENTICIDADE. Temos unha idea do ben común non simplemente de preferencias individuais e ese ben común depende da comunidade na que estamos inseridos, vivimos nun contexto social, polo tanto o ideal de vida ten que incluir ese concepto de autenticidade. Non é verdade que esteamos repensando o mundo constantemente, collemos moitas ideas que son producto da comunidade, somos debedores da comunidade en moitos aspectos, e precisamos dunha teoría política que recoñeza a esta realidade (somos debedores do mundo no que nacemos). Somos o que é a nosa comunidade en moita medida. A comunidade márcanos para ben e para mal. En poplítica o concepto de autonomía é o de autencidade. Non podemos pensar a política como se fosemos individuos, sexamos realtores e edifiquemos unha teoría política dacordo coa realidade na que vivimos.
O eu é debedor da súa comunidade, e a comunidade é a que é constitutiva do suxeito e dos seus fins.
Com – Fin – Eu fronte a Eu – Fin – Com
Somos na medida que nos recoñecemos a nós mesmos (filosofía do xiro hermeneutico).
Somos na medida en que nos recoñecen os outros. Nunca seremos se non somos recoñecidos polos demais.
O eu resulta debedor da comunidade, a comunidade ponnos os fins.
Prioridade do ben sobre o xusto. As comunidades políticas teñen uns valores fundamentais para nós (a comunidade). Non podemos deixar que os nosos valores queden ao albur do mundo. Os valores son importantes para nós porque nos son constitutivos. E o estado ten que intervir. Fronte a neutralidade do estado é preciso que esa linguaxe, eses valores sexan defendidos polo estado. O estado ten que estar ao sevizo dos valores da comunidade.

Estamos cambiando a maneira de argumentar, a lóxica que víñamos mantendo (racionalista) xa non serve. É moitas veces unha lóxica inductiva e outras veces non é unha lóxica, é un valor constitutivo non facilmente negociable nen reducible a un argumento.
Cambian non solo as teses, muda a maneira de facer filosofía política.
Críticas comunitaristas a Rawls.
1ª.Crítica global á filosofía política e moral da modernidade. (impulso netamente romántico).
Da idea básica: a idea que a razón, a moral e a política dedúcense da razón. Esa idea de razón práctica é negada. A idea de razón=moralidade=política, non da conta da textura moral do noso tempo.
Non podemos razonar sobre cales son os mellores principios (Rawls) –platonismo moral-.
Investigando descubrimos os principios da moral, hai unha ciencia da moral, hai unha ciencia da política.
Os románticos dín que non hai principios exteirores; as ideas que presiden as nosas institucións construímolas dende a acción humana (deixan a Platón por Aristóteles).
Os comunitaristas dín que donde están presentes os seres humanos non hai simplicidade de principios, esatmos compostos por valores.
A primeira idea é unha crítica filosófica.
NUSSBAUM (desigualdade). O coñecemento do amor. Temos que ser capaces de itroducir a dimensión da sensibilidade.
Os comunitaristas dín que no debate da teoría polítca é preciso introducir outras dimensións amais dos argumentos.
Os comunitaristas cuestionan as bases da Razón como principio fundamental.

Cap. Manual de Teorías Políticas Contemporaneas. Capítulo pensadores comunitaristas.

O Comunitarismo é unha crítica sistemática ás poscicións de Rawls. Critica ao individualismo, non o liberalismo.
O comunitarismo propón unha serie de teses:
1.- Os comunitaristas reclaman unha serie de principios abstractos que apelen a doutrinas comprensivas. Ese adelgazamento moral é rexeitado polos comunitaristas. Fronte á obxetividade, eles propoñen a subxectividade das ideas (A teoría política non pode esgazarse das ideas morais).

2.- Idea de ben. Imposibilidade de separar a idea de xustiza da idea de ben. (Din que a teoría de Rawls, a pesar de tentar non facelo, faise dende unha idea de ben, non é neutra; débese ao liberalismo igualitarista). E polo tanto, non sería posible facer unha teoría sen ser debedores dunha idea de ben.
3.- Idea do eu. Identidade. Resulta insostible a postura de Rawls, dun “eu” sen atributos, sen débedas. O ser humano fai máis que razoar, elexir, comparar… A persoa humana é un concepto distinto, somos máis que razonables e racionais. A idea de persoa de Rawls queda demasiado baleira (Eu descontextualizado). Non somos razón, porén non somos razón individual. Temos capacidade de razón, xuízo, pero hai algo máis. O noso xuízo está rexido por algo máis, está inserido nun contexto, exprésase a través dunha linguaxe determinada, argumentamos dentro dunha gramática. E esa linguaxe remítenos a unha interpretación. A nosa mirada crea parte da realidade (Non hai feitos, senon interpretacións). Deconstrucción da cadea lóxica. Os comunitaristas inciden en que non somos individuos isolados. O que nos fornece de interpretación é a propia comunidade, pola cal acedese ao mundo e a partir da cal dótase de sentido ao “eu”.
4.- Comunidade frente a sociedade. O mundo urbano vese como un mundo de aillamento, xa que os vínculos tronzan. Cadaquén pode facer o que lle pete, porque é un ser anónimo. Non hai unha comunidade que esté pendente dos seus movementos. Pola contra, a identidade colectiva, di que accedemos ao mundo provistos de sentido, debido á linguaxe heredada do mundo no que vivimos.

TÖNNIES.
Rómpense as bases filisóficas do contractualismo. Chama a atención sobre o que a comunidade representa. Non presenta un mergullamento radical, nen unha volta atrás (a tempos medievais) Da man do mundo racional chegamos a un mundo esencializado. Un mundo basado no pluralismo cultural.
Tipos de Comunitarismo:
- Comunitarismo Conservador (McIntire). A comunidade constitúenos. Éo tipo máis radical.
- Comunitarismo Liberal (Kymlilka). Propón un equilibrio entre comunidade e razón. Di que accedemos ao mundo a través da comunidade.
- Comunitarismo Republicano (Sandel, Taylor). A comunidade é debatida dende a razón pública.

TP1 Liberalismo

pacucho @ 10:02

O liberalismo.
Autor destacado: John Rawls; Teoría da Xustiza (1971). Liberalismo político (1991).

Rawls Critica o presuposto f
que preconizaba o liberalismo contemporáneo (de autores coma J.S. Mill) Sostén que o utilitarismo ten problemas para concebir os problemas dos nosos tempos.

As preguntas que moven as súas reflexións son:
1.-¿Cómo é posible conseguir unha teoría estable e xusta con cidadáns que están divididos por razóns ideolóxicas?
2.-¿Cal é a relación adecuada entre liberdade e igualdade?

Rawls parte do que el chama o Pluralismo (visións diferentes de “Ben”) de valores, de ideas.
Di que o utilitarismo era unha visión que levaba ao consenso (a civilización universal da que fala a Ilustración). Rawls quere manter as mesmas ideas, pero discrepa en que ten que haber uns valores compartidos. Non se poden ignorar as distintas visións (“o feito irradicable do pluralismo”) e pola contra a teoría fundamental que sustenta ás democracias é debedora da Ilustración, pero prescindirá dalgún dos supostos da propia Ilustración. Rawls tratará de non deixar a ninguen fóra da sociedade para que non se xeren bolsas de inestabilidade fóra do sistema, que poidan desestabilizalo; e optará por tratar de integralos.

Hai un sesgo cara a liberdade, sendo menor a igualdade. Semella ter ficado coma igualdade formal. Acabouse por construir un concepto de liberdade negativa. O exemplo é algunha visión que levaba ao consenso (a civilización universal da que fala a Ilustración). Rawls quere manter as memas ideas, pero discrepa en que ten que haber uns valores compartidos. Non se poden ignorar as distintas visións (“o feito irradicable do pluralismo”) e pola contra a teoría fundamental que sustenta ás democracias é debedora da Ilustración, pero prescindirá dalgún dos supostos da propia Ilustración. Rawls tratará de non deixar a ninguen fóra da sociedade para que non se xeren bolsas de inestabilidade fóra do sistema, que poidan desestabilizalo; e optará por tratar de integralos.

Hai un sesgo cara a liberdade, sendo menor a igualdade. Semella ter ficado coma igualdade formal. Acabouse por construir un concepto de liberdade negativa. O exemplo é alguén que non ten bases para competir na sociedade (Non pode competir no mercado se non se parte dunhas mínimas condicións primarias). Rawls di que a liberdade queda coxa sen igualdade. Incorpora á teoría liberal certos presupostos de igualitarismo. Di que hai unha carga de valores sustantivos dentro da teoría liberal, e por iso pode que non todos cheguemos a aceptala. Así, o seu fin será xerar unha Teoría da Xustiza que non esixa tanto dos individuos. Unha teoría política da democracia que sexa aceptada por xente que teña distintas visións do mundo.

Rawls somete á teoría dominante do liberalismo (utilitarismo) nestes dous aspectos:
Problema do pluralismo
Problema da desigualdade

Homo Economicus: O liberalismo xera un tipo de individuo, que esquece o plural, e só atende ás súas preferencias.
Preferencias: Cadaquén expresa as súas preferencias no mercado, e trata de maximizar a súa utilidade.
Benestar individual: Expresa a maximización do benestar
Benestar colectivo: É sinxelo chegar, abonda con agregar tódalas preferencias individuais
Problemas.
1.- Este mecanismo non distingue ver como quedan eses mecanismos de agregación, non deixan ver as verdadeiras preferencias individuais.
2.- Non se atende ó resultado final do progreso. ¿Cómo lle vai a cadaquén?
O utilitarismo ten unha idea de ben entendida como maximización das preferencias. Supónse que é unha idea que todos compartimos. E impónse incluso por diante da xustiza. Si se vive nunha sociedade “liberal” hai que ser así. O que non comparta esta premisa estará fóra do sistema. Díse que esto xera inequidade e inestabilidade (en terminos políticos diríamos desafección)
(SUMATORIO)
BEN COMÚN -> BENESTAR INDIVIDUAL
Rawls. Capítulo do manual Teorías políticas contemporáneas
El derecho de gentes.
- Tª. Normativa.
- Procura fundamentar os principios de xustiza que articulen unhas institucións democráticas.
- Quere facelo dende o Pluralismo.
- O utilitarismo supón unha concepción da persoa moi restrictiva.
Propón:
Recorrer da man dun método contractualista que chama CONSTRUCTIVISMO.
A partir dunha idea básica constrúe categorías.
Parte da PERSOA.
Teñen dúas dimensións (capacidades):
- Procurar xustiza.
- Idea de ben.
Esas dúas dimensións dan lugar a un doble circuito:
- Autonomía Política.
- Autonomía Moral.
Mediante a autonomía política desenvólvese a idea de xustiza. Vinculaba a idea de xustiza coa idea de razonabilidade.
Esa autonomía política é a que da man da razonabilidade poñía en marcha o constructivismo e o CONTRATO social.
Como reflexionar mediante un experimento mental para fundamentar as institucións.
Detrás dun ‘velo de ignorancia’ pensa nunha orde que sexa xusta para todos.
A autonomía moral é a que leva a idea de ben. Individuos que non poidan regulamentar según as súas propias preferencias. Pódense fundamentar institucións democráticas que sexan compartidas por todos.
Rawls dí que é posible aillar uns principios democráticos que poidan ser suscritos por todo o mundo.
O mínimo compatible é a idea de PERSOA, dotada de autonomía moral. Non só somos racionais senón RAZONABLES (hai que ceder).
A idea é como conseguir uns principios que poidan ser suscritos por todos. O que se chama CONSENSO SUPERPOSTO. Ou senón as nosas institucións democráticas estarán dotadas de inestabilidade.
O consenso superposto é:
- Un consenso moral, (acordo sustantivo bebedor duns principios) –quere decir algo-, non é un acordo pragmático, é un consenso que aporte principios que digan algo para que as institucións non sexan irrelevantes e que non vaian demasiado alá e diesen de ser compartidas por todos.
- O consenso ten que ser estable, PERMANENTE, que cada cambio de goberno non implique unha posta en cuestión dos principios.
- O consenso ten que impedir que o estado impoña unha doctrina específica –consenso liberal, na tradición americana democrático-, recoñece a autonomía dos individuos.
- Que sexa FACTIBLE, non unha utopía.
Para conseguir o consenso o mecanismo utilizado é a hipótese do CONTRATO. Do ‘velo da ignorancia’.
Rawls entende que o consenso superposto da lugar aos PRINCIPIOS DA XUSTIZA.
Dous principios que cumplen o cometido do consenso superposto (TEORÍA DA XUSTIZA).
Este principios algo teñen porque ninguén conseguiu demostrarlle problemas insalvables.
Estes dous principios son:
1) PRINCIPIO DA IGUAL LIBERDADE. Toda persoa ten igual dereito a un conxunto de libertades fundamentais que sexa compatible coa atribución a todos os demais do mesmo conxunto de libertades. Entende que a liberdade é liberdade igual para todos.
2) Descompónse en dúas partes:
a. PRINCIPIO DA DIFERENCIA. Só se xustifican a introdución de desigualdades se contribuen a mellorar os membros máis desfavorecidos da sociedade –recoñecemento de tratar de igual modo aos desiguais é fomentar a desigualdade-.
b. PRINCIPIO DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. Só se xustifican as desigualdades, en xeral, cando están vencelladas a posicións que todos poden ocupar.
Rawls entende que con estes tres principios consígnense os obxectivos de:
- Non facer unhas institucións puramente pragmáticas.
E facer unhas institucións que poidan ser compartidas por todos.
A fundamentación da liberdade vai da man da igualdade.
PERSOAS LIBRES E IGUAIS
Rawls dí que é posible fundamentar a idea de que baixo niveis de desigualdade a liberdade non existe.
Rawls móvese entre o capitalismo (liberdade) e o socialismo (igualdade).
Rawls. Liberalimo Político.
Estes principios de xustiza son garantidos por:
- As libertades básicas (expresión / pensamento …)
- Bens primarios (dotación de recursos). Por debaixo dun determinado nivel de ingresos é unha quimera falar de liberdade. A liberdade require autonomía e uns mínimos recursos.
Rawls subiña sobre os mínimos principio de xustiza.
A RAZÓN PÚBLICA. A suscripción deses principios de xustiza dan lugar á Razón Pública. Acotan aquelo que todos compartimos na sociedade.
O ámbito da razón pública é un ideal regulativo a partir do cal comenzan uns descensos: constitucións (descende o ‘velo da ignorancia’) / regulacións ordinarias…
Rawls entende que o uso público da razón acota o ámbito de debate da cidadanía. A cidadanía desenvólvese dentro deses límites.
A autonomía moral. da man da autonomía moral cada persoa elabora a súa concepción do ben. O pluralismo quere decir que hai moitas ideas de ben (cada quen ten a súa). Pretender aplicar un acordo, implica que alguén ten que renunciar a elementos fundamentais.
O pluralismo razonable (asume institucións que non solo sexan válidas para os seus principios). O pluralismo razonable é un obxectivo a manter.
Neste circuito atopámonos con que todo esto é o ámbito da razón pública e da privacidade.
O utilitarismo pretendía unha idea de ben prioritaria sobre a xustiza. O ben común ten que ser a maximización do benestar individual (maximización da utilidade individual).
No esquema de Rawls é a prioridade da idea de xustiza sobre a multitude de ideas de ben. Unha idea de xustiza que sexa prioritaria sobre os conceptos de ben.
Prioridade da xustiza sobre o ben: CONSENSO SUPERPOSTO (porque sabemos que hai moitas ideas de ben).
Hai que separar os dous mundos, porque se superpoñemos o pluralismo sobre o consenso, estamos impoñendo a visión dunha maioría sobre o resto da sociedade, e as minorías non van aceptar esa democracia. Rawls propón escindir ese doble mundo. Manter unha razón pública, entendendo a cidadanía, movéndose no ámbito da razonabilidade.
O circuito da razonabilidade leva ao PLURALISMO.
Rawls dí que para relacionar estes dous circuitos temos que establecer unha prioridade: que se fixou durante tempo.
- Non fixar unha idea de ben.
Porque hipoteca as institucións para moita xente
PRIORIDADE DA XUSTIZA SOBRE O BEN. Esta prioridade leva a trazar a división de dous mundos (esfera pública /esfera privada).
Para esto compre esgazar este doble nivel porque non nos imos entender e non podemos impoñer maiorías sobre minorías que non suscriben o fundamento das institucións democráticas. Fagamos un concepto de razón pública reducido e un concepto de cidadanía que se refira exclusivamente a esa dimensión.
Para conseguilo hai que separar os circuitos da RAZONABILIDADE e da RACIONALIDADE. Entendendo a razón pública reducida e un concepto de cidadanía moi restrictivo.
Entre cidadanía e privacidade o ESTADO TEN QUE SER NEUTRAL.
O estado ten que manter un distanciamento da idea de ben e cinguirse aos valores constitucionais da razón pública.
Rawls invirte o circuito tradicional do utilitarismo.
PROBLEMAS:
¿Qué tipo de cidadanía é a que desbota a tradición cultural, relixiosa….?
¿Non estamos separando aos cidadáns da política?
¿Esta visión vai ser quen de facer participar aos cidadáns en política?

NOZICK
A súa obra máis importante é “Anarquía, Estado e utopía”

Este teórico pertence ó neoliberalismo, en canto á teoría política e filosófica, non é un neoliberal economicista (Friedman).
Comenza como os teóricos pasados (Hobbes, Locke, Kant) facéndose unha pregunta: ¿Cómo se fundamentan as institucións?

Partimos do estado da natureza, e aquí é donde atopamos o concepto de persoas complexas. Nozick di que somos axentes morais (todos temos a nosa propia escala de valores). Cadaquen ten que defender ese “espazo” de valores. Esto lévanos a unha pluralidade de valores radical, na que todos somos distintos. Calquera intromisión no noso espazo tende ó conflicto. Aquí é donde Nozick discrepa con Rawls e di que a persoa non ten que definirse en terminos de razonabilidade (autonomía política). A autonomía das persoas é autonomía moral.

Cadaquen ten a súa utopía (ideal de vida), e esta diversidade é moi grande, polo tanto fundamentar institucións é extremandamente complicado. E no momento en que creamos unha institución estaremos vulnerado os dereitos de alguén.

Dereitos que temos no estado da natureza:

Autopropiedade: Todo comeza por isto. A liberdade fundaméntase na propiedade de nós mesmos.

Apropiación orixinaria: Podemos apropiarnos das cousas do mundo externo. As cousas libres que están no mundo están á nosa disposición. Todo o mundo pode apropiarse das cousas que non son de ninguén (res nullius).

Transacción libre: Tamén podemos chegar a acordos iguais de intercambios libres entre esas propiedades, por transferencia voluntaria. Esta ten que facerse entre os propietarios libres e non poderá ser intervida.

Esto todo fundamenta a idea de autonomía (MORAL)

Tamén nos leva a unha tese, a de diverxencia.
Ademáis de diferentes somos diverxentes. Incidir que estamos nunha relación de desacordo (Pluralismo radical). Aquí xorde unha pregunta:

¿Cómo podemos fundamentar un Estado estando tan en desacordo uns cos outros?
¿Cómo podemos fundamentar institucións dende unha optica de pluralismo radical?

Xa que, segundo Nozick, calquera intento de superar isto é unha violación dos nosos dereitos. Entende, que ó entrar nun Estado, teríase que garantir a defensa dos nosos dereitos, polo tanto o Estado pode estar sen que interfira nos nosos dereitos. A pesar disto, Nozick cree posible fundamentar un Estado. Nozick, contrapónse ó modelo contractualista de Rawls, propoñendo un mecanismo evolutivo. Non podemos agardar grandes acordos. Saímos do estado da natureza mediante unha evolución (adaptación)

Antes de chegar ó Estado, xorden asociacións, axencias de protección (privadas), que medran (para entendelo, serían como unha competencia entre distintas asociacións, que competirían por ver cal defende mellor aos seus socios) mediante a cooperación voluntaria. Esto daría lugar a un Estado ultramínimo, no que as axencias dominantes, as que mellor defenden os dereitos sobrevivirían, desaparecendo as outras. Estas axencias dominantes non obrigarían a cumprir ningunha idea (relixión, crenza, etc...) ós seus membros. Así se chega ó Estado mínimo, no que se impón unha axencia dominante, que ten que estar totalmente fundamentada na liberdade, e sen posibilidade de interferir nos dereitos das persoas.

Nozick rebate as teses igualitaristas presentes na teoría de Rawls, dicindo que ainda que se reparta unha dotación igualitaria primixenia, sempre haberá alguén mellor dotado, que gañará máis que outros como producto das transaccións libres. Polo tanto igualar a todos suporía unha actuación masiva do Estado que vulneraría os nosos dereitos. Sería unha razón pública demasiado esixente. A neutralidade de Rawls é demasiado esixente -Di que a liberdade corta a igualdade, por iso hai que escoller entre unha das dúas. El propón unha neutralidade radical do Estado (Neutralidade negativa) que impida intervir ao Estado. O único compatible co pluralismo extremo é a neutralidade negativa, xa que non viola os nosos dereitos fundamentais.

Como final, esta vontade libre dos individuos derivada do pluralismo radical, xunto co libre intercambio faríanos chegar ó que Nozick chama unha “sociedade libre”.

VONTADE LIBRE + LIBRE INTERCAMBIO => SOCIEDADE LIBRE

Diferencias de Nozick con Rawls:
1.- Diferencia na concepción de persoa, según Nozick, Rawls di demasiadas cousas, xa que o primeiro cree prescindible a razonabilidade (un dos dous circuitos da teoría rawlsiana).
2.- Somos demasiados diferentes para acadar un consenso superposto tan amplio como di Rawls, sen excluir a ninguén.
3.- Non é posible o contractualismo rawlsiano, Nozick, di que é un mecanismo demasiado razoable.
4.- O mecanismo deseñado por Rawls, debuxa unha razón pública demasiado esixente, fronte á neutralidade negativa de Nozick.
En resumo, Nozick di que a pesar de que Rawls trata de non impoñer unha idea de ben, acabao por facer porque xa parte dun certo tipo de individuo, que xa tería unha carga suxectiva.

LIBERALISMO
J.RAWLS. Consenso superposto Estado de neutralidade
R.NOZIK. Modelo de filtro Estado mínimo

TP1 Debate Romanticismo/Liberalismo

pacucho @ 09:55

As teorías que teñen a súa raigame na Ilustración, que trae consigo unha idea de progreso, liberdade e autonomía. Todas estas teorías comparten un mesmo tipo de linguaxe: están basadas nas ideas de razón, progreso e universalismo (cosmopolitismo).
Pola contra as teorías do Romanticismo están basadas nos conceptos como identidade ou dimensión colectiva.

Debate Ilustración / Romanticismo.
Co tempo prodúcese un certo desencanto polo resultados da Revolución francesa. E coa filosofía ilustrada que propoñía fe ilimitada no progreso, e que coa razón podíase construir un mundo cade vez mellor. Pola contra o romanticismo fai énfese nos aspectos escuros da Iluntración. Como a Revolución que rematou na dictadura de Napoleón Bonaparte. Ou o emerxente capitalismo que producía unha degradación das condicións medioambientais ou mesmo fenómenos como o colonialismo.

Dende o romanticismo propúgnase a emoción por encima da razón. Critícase un mundo excesivamente mecaniscista.
O Romanticismo nace en Alemania, pero este debate non ten que verse como unha contraposición entre países senón entre dúas formas distintas de ver o mundo.

Ilustración
1. RAZÓN.
Protagoniso da RAZÓN.
Reivindicación da soberanía intelectual dos seres humanos. «sapere aude» atrévete a pensar.
O Racionalismo aporta confianza no coñecemento.
Os erros do ser humano dependen do descoñecemento.
A Ilustración –filosofía das luces- busca entender o mundo. A escuridade da edade media desaparece pola razón, polo coñecemento.
Coa revolución pódese facer un mundo novo, totalmente novo.

Ubícanse varias teses na nidea de progreso:
- o mundo é coñecible -confianza na razón-
- o coñecemento do mundo aporta diver-sas dimensións que se poden acumular.
Pódese desvelar a realidade a realidade que está detrás, todos os coñecementos son acumulables.
- o coñecemento leva a universalidade. Na linguaxe da ciencia pódense entender todos os seres humanos. Hai converxencia no coñecemento.
Os pobos que están atrasados precisan coñecemento.
2. SECULARIZACIÓN.
A razón seculariza o mundo.
Situa ao home no lugar dos deuses.
3. MATERIALISMO.
Somos quen de coñecer os intereses dos seres humanos.
O ser humano móvese polos intereses. Vexamos os intereses e veremos cara a onde vai o mundo. Intereses materiais, económicos…No mercado que é donde mellor se ubican os intereses. Entre as ciencias sociais: a Economía.
Atendendo aos intereses da xente veremos as súas preferencias.
Como son agregables os intereses pódense articular maiorías facilmente.
O universo político é claro. A análise da filosofía materialista básase nos intereses, que como son económicos son negociables.
4. ARTIFICIO.
Non estamos obrigados a nada –o contrato social-.
Como somos racionais, non dependemos da fe, imos a un mundo secularizado no que podemos agregar os nosos intereses: non estamos obrigados a nada máis que o que nos dicta a nosa razón.
Podemos artellar o noso mundo político como queiramos –deseño institucional variable-.
Podemos decidir porque estamos no reino do ARTIFICIO.
É unha conclusión das premisas anteriores, a capacidade de crear un mundo político dacordo coas nosas preferencias.
A política é un mundo que creamos coa nosa capacidade de deseño.
5. MÁQUINA/TÉCNICA.
Política entendida coma unha máquina, cos seus engranaxes, de ahí proceden expresións como a de enxeñería constitucional.
6. ECONOMÍA/CIVILIZACIÓN.
Civilización capitalista que progresa sempre. Teñen unha idea de crecemento ilimitado dos recursos naturais. “Hai que domina-la natureza”, sometela para progreso da civilización. Camíñase cara unha única civilización con superiores valores, e na que todos estaremos ben porque rexe a razón.
7.INDIVIDUO.
O individuo que defende a ilustración está basado na idea da razón, de progreso…
O individuo no que se basa o liberalismo –temos intereses económicos e somos autónomos- fíxase a si mesmo os seus fins, postula os seus propios valores.
Moral.- Nós temos valores individuais. ¿Qué vida paga a pena ser vivida?
O pensamento ilustrado é moi unilateral.
Idea básica do consenso –Rowles-
Idea optimista do individuo e das súas obras.

Somos nos mesmos os que construimos a nosa realidade. Pensar por nós mesmos para así poder chegar á autonomía, autodeterminación persoal. Dise que cadaquén elixe o que fai na vida. Trátase dun individualismo posesivo.

8. PROGRESO.
Da man da razón elaboramos a nosa moral. Poñémonos a nós mesmos os nosos fins. O coñecemento vainos levar cara ao progreso. A ilustración constrúe esa fe no progreso. Etapas que vai recorrendo a humaidade, sempre cara arriba e a mellor. O mito da modernidade. Idea de progreso cara adiante. Por qué non queimar etapas se sabemos cara a onde imos. Podemos queimar etapas –revolución- . A idea de revolución é unha idea ilustrada –moderna- (franceses / lenin).
Revolución = Razón + Vontade. (coñecementos + impulso necesario para realizar a razón). Coa revolución cambiamos o mundo e cambiamonos a nós mesmos.
Franceses, é preciso ser libres. Rusos, crear un home novo.
O progreso é cara adiante sempre, pero tamén cara a unha civilización universal. Construir unha linguaxe que permita abolir todas as diferencias (linguaxe universal: matemática / gramática universal: esperanto).
Os valores políticos teñen que impoñerse aos demais. A idea de progreeso leva a todo esto.

9. POBO.
Centran a atención en individuos singulares que da man da súa moralidade fixan os seus fins, teñen os seus intereses. A máxima expresión da política é o voto individual libre e secreto. O pobo é algo plural. Idea de liberdade. Idea de liberdade individual –fundamental- “todos e cada un de nós” constitución dos EE.UU.
O pobo que fala un a un como elementos singulares. Da man desa idea de pobo é o correlato de CIDADAN.
- a tese do estado-nación é donde hai un estado solo pode haber unha nación-
10. LEI.
O estado crea o dereito e a razón (idea de dereito positivo). É algo creado para unha cousa determinada. É posible articular todas as normas. Idea de código.
A lei é a expresión da razón, definida polas maiorías no parlamento. Algo artificial, positivo, creado. (monismo xurídico).
11. LIBERDADE.
Liberdade dos individuos singulares que deciden.
Idea de autodeterminación. Individuos que actuan conforme aos seus criterios, ao seus xuízo, forma parte da súa reflexión –autonomía-.

12.CRÍTICA.
Nós somos nós mesmos. Fundamentación do individuo singular, irrenunciable.
E a obriga das institucións de facilitar ese plan de vida –condicións de igualdade-
A vida comenza polo autorespeto.

Romanticismo
1. PAIXÓN
PAIXÓN como dimensión clave para entender a política.
Recuperar o mundo dos afectos (paixón).
Rompe coa confianza na razón, e subliña o sentimento.
O coñecemento racional non abonda para explicar a complexidade do universo e dos seres humanos.
Importancia do mundo afectivo.

Varias teses (reflexións románticas):
¿E se o mundo non é totalmente coñecible? ¿hai límite ao coñecemento?
Non se pode ter excesiva confianza na razón, en poñer ao ser humano no centro do universo.
- ¿non hai un exceso de confianza na razón?
- ¿e se o coñecemento non é acumulativo?
Non é importante o que quere a xente máis unha cousa que outra. Esforzos polas causas. ¿é máis importante o cuantitativo ou o cualitativo?.
Por qué a relación coa natureza ten que ser a nosa.
Nos valores que descubrimos non estamos desvelando, obrigándonos a decidir e responsabilizarnos.
Non está todo xustificado no progreso.
- ¿se o que descubrimos é distinto e diferente?
Temos que impoñer o noso discurso, a nosa razón. Se o mundo é complexo e plural.¿por qué entendemos que imos cara a unha linguaxe universal?
2. MISTERIO.
O mundo secularizado perde unha parte importantísima. Perde encanto, perde o MISTERIO.
¿Qué ocorre cos contornos máis oscuros?
Non sexa que a base de tanta luz esteamos perdendo as sombras. Na arte reivindica a dimensión relixiosa.
Fronte a secularización contrapoñen a dimensión de misterio, (a capacidade de comprensión). Ante a metáfora da luz, incluen a metáfora da noite.
3. Ademais de intereses temos PAIXÓNS, indignación, xenreira, afecto, medo… se xogan un papel fundamental, ¿Qué ocorre?
Se a política conleva tamén paixóns, xa non son tan negociables, tan agregables… as paixóns non se negocian.
Un mundo frio de intereses ao mellor non abonda para que a xente participe en política.
¿Qué ocorre se os seres humanos teñen preferencias de segunda orde: preferencias sobre as preferencias? ¿Cómo se agrega eso? Si se quere querer.
A filosofía materialista na que os intereses están dados ten un límite aquí importante.
¿E SE OS INTERESES NON SE DESCUBREN –agregan- SENÓN QUE SE PRODUCEN?
Dimensión productiva, imaxinación creativa. Introduce unha dimensión capital: a política é a produción de intereses.
4. NATUREZA.
Fronte ao artificio resaltan a natureza.
A natureza non se muda con un deseño institucional.
A natureza é algo do que participamos, do que non queremos separarnos, pero ao mesmo tempo é algo terrible…

Cap II Manual Teoría Política Contemporanea. O papel das paixóns na teoría da democracia.

5. ORGANISMO/VIDA.
Di que a ilustración propón a creación dun mundo frío no cal todo se traduce en intereses. Eles optan por levar á política a un mundo de sentido. Din que a política debe encardinarse no seu medio ambiente.
6. CULTURA(S).
. Din que as distintas culturas teñen valores engadidos por sí mesmas, e non se deben de perder porque senon quedariamos sen unha parte importante da humanidade. Cada xeito de pensar, que se traduze nun xeito distinto de face-las cousas, é dicir, a pluralidade, é fundamental, e non pode ser perdida. Esta pluralidade contraponse ao Estado-nación, que intenta homoxeneizar impoñendo unha lingua, unha cultura, unha cultura, un metarrelato histórico igual para todos e rexeitando a pluralidade.
7. COMUNIDADE.
Fai mención que o capitalismo está rompendo os vínculos tradicionais das comunidades. Aparece a explotación masiva do proletariado nas grandes cidades.
O romanticismo chama a atención que a comunidade é un elemento fundamental. O romanticismo é un pensamento do gusto pola comunidade.
Para os romanticos a moral individual… subliña que temos que prestar tención á comunidade.
ETICIDADE. Temos valores que compartimos con outra xente. Temos experiencias comúns. ¿Qué pasa cos valores que son comúns a nosa sociedade. Non se trata dunha contraposición entre o individuo e a entrega a comunidade. Non é este o ideal romántico. Precisamos da comunidade pero é que nela non nos imos a atopar ben. Non chegamos a un mundo donde donde se resolven os conflictos.
IMPOSIBILIDADE DE RECONCILIACIÓN, fronte a idea de consenso. A comunidade é tamén un lugar de conflicto. O conflicto é a contraposición teñen un papel importante.
Leva a un concepto de identidade máis desgarrado. Non solo se recupera a idea de comunidade, senón que se cuestiona a idea de individuo como creador racional. Somos plurais e a nosa identidade é fragmentaria –pensamento da escisión-. O retrato do suxeito moderno complícase extraordinariamente.
Irreparable escisión do ser humano dr.Jeckill & Mr.Hyde.
RECUPERACIÓN DO QUE DEBEMOS Á COMUNIDADE.
FRAGMENTACIÓN DO SUXEITO (cuestionamento da identidade).
Valórase a comunidade. Nós estamos situados nun contexto determinado (inseridos nunha comunidade). E mediante esa comunidade accedemos ao coñecemento do mundo.
8. TRADICIÓN.
A onde imos con esa fe no progreso. ¿Todo é para adiante? Efectos da revlución. Efectos da industrialización.
¿Quen interpreta o progreso? Unha minoría. Dereito a colonizar os pobos atrasados. Ese é o lado oscuro do progreso. Unha minoría ilustrada pode impoñer aos demais, guiar ao pobo ignorante e indocumentado –idea de avangarda-.
O discurso romántico é unha impugnación da modernidade. Unha crítica do progreso. O revolucionario romántico non ten esa fe no progreso. Os descubrimentos do ser humano teñen un lado negativo. A ciencia e os descubrimentos poden servir para a destrucción da natureza. Os románticos ven o lado oscuro do progreso. Hai unha desconfianza dos avances da ciencia.
Os valores que descubrimos poden ser irreconciliables entre si. Neste ámbito da dúbida os románticos mencionan a idea da TRADICIÓN (a volta a tradición non é a volta ao tradicionalismo).
Sobre que base os valores de outras comunidades son inferiores as nosas. O etnocentrismo serviu para o xenocidio. O elemento fundamental é a idea de PLURALISMO. Necesidade de negociar valores distintos. Hai valores que non van a cambiar por estar vinculados ao modo de vida dos pobos.
Como imos a facer un mundo igual, e que non ten que haber un lugar para a diferencia.
Os románticos recuperan a idea da TRADICIÓN(S) que ten unha parte histórica e unha parte de gusto polo diferente.
Gusto pola ruína:
- co progreso estamos liquidando sen pararnos a pensar o que estamos destruíndo.
- a ruína implica o trunfo da natureza sobre o ser humano.

Contraposición fundamental en política
9. NACIÓN.
Os románticos chaman a atención sobre se non hai reconciliación entre a nación e o estado.
Se non hai tensión (pluralismo cultural) dentro do estado hai que revisar esa idea de estado.

10. COSTUME.
Hai regulacións propias específicas dunha determinada maneira de entender as relacións mercantís, e a familia. (pluralismo xurídico).

11. FIDELIDADE.
A unha tradición, a unha comunidade. No sentido de ser debedores dunha cultura….
AUTENTICIDADE. Recoñecémonos a nós mesmos na medida que outros nos recoñecen a nós.
O mundo do sentido é importante para a política.
12. RECOÑECEMENTO.
Hai unha dimensión individual pero hai outra dimensión importante porque a liberdade de cada quen nace na medida que teña un contexto recoñecido.
Importancia do recoñecemento dende o pluralismo.

Da man da razón, do interés a óptica da ilustración é excesivamente optimista para os románticos.
O consenso é posible e negociable. Todo se acaba reducindo a unha visión materialista. Os románticos son os primeiros en advertir que en contextos o conflicto é inevitable. Hai que ser quen de asumir o conflicto como parte da vida política. Hai elementos que para algunha xente son irrenunciables.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis