Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

LANCHA DE PATRIANO

24/11/2006 GMT 1

TP1 Debate Romanticismo/Liberalismo

pacucho @ 09:55

As teorías que teñen a súa raigame na Ilustración, que trae consigo unha idea de progreso, liberdade e autonomía. Todas estas teorías comparten un mesmo tipo de linguaxe: están basadas nas ideas de razón, progreso e universalismo (cosmopolitismo).
Pola contra as teorías do Romanticismo están basadas nos conceptos como identidade ou dimensión colectiva.

Debate Ilustración / Romanticismo.
Co tempo prodúcese un certo desencanto polo resultados da Revolución francesa. E coa filosofía ilustrada que propoñía fe ilimitada no progreso, e que coa razón podíase construir un mundo cade vez mellor. Pola contra o romanticismo fai énfese nos aspectos escuros da Iluntración. Como a Revolución que rematou na dictadura de Napoleón Bonaparte. Ou o emerxente capitalismo que producía unha degradación das condicións medioambientais ou mesmo fenómenos como o colonialismo.

Dende o romanticismo propúgnase a emoción por encima da razón. Critícase un mundo excesivamente mecaniscista.
O Romanticismo nace en Alemania, pero este debate non ten que verse como unha contraposición entre países senón entre dúas formas distintas de ver o mundo.

Ilustración
1. RAZÓN.
Protagoniso da RAZÓN.
Reivindicación da soberanía intelectual dos seres humanos. «sapere aude» atrévete a pensar.
O Racionalismo aporta confianza no coñecemento.
Os erros do ser humano dependen do descoñecemento.
A Ilustración –filosofía das luces- busca entender o mundo. A escuridade da edade media desaparece pola razón, polo coñecemento.
Coa revolución pódese facer un mundo novo, totalmente novo.

Ubícanse varias teses na nidea de progreso:
- o mundo é coñecible -confianza na razón-
- o coñecemento do mundo aporta diver-sas dimensións que se poden acumular.
Pódese desvelar a realidade a realidade que está detrás, todos os coñecementos son acumulables.
- o coñecemento leva a universalidade. Na linguaxe da ciencia pódense entender todos os seres humanos. Hai converxencia no coñecemento.
Os pobos que están atrasados precisan coñecemento.
2. SECULARIZACIÓN.
A razón seculariza o mundo.
Situa ao home no lugar dos deuses.
3. MATERIALISMO.
Somos quen de coñecer os intereses dos seres humanos.
O ser humano móvese polos intereses. Vexamos os intereses e veremos cara a onde vai o mundo. Intereses materiais, económicos…No mercado que é donde mellor se ubican os intereses. Entre as ciencias sociais: a Economía.
Atendendo aos intereses da xente veremos as súas preferencias.
Como son agregables os intereses pódense articular maiorías facilmente.
O universo político é claro. A análise da filosofía materialista básase nos intereses, que como son económicos son negociables.
4. ARTIFICIO.
Non estamos obrigados a nada –o contrato social-.
Como somos racionais, non dependemos da fe, imos a un mundo secularizado no que podemos agregar os nosos intereses: non estamos obrigados a nada máis que o que nos dicta a nosa razón.
Podemos artellar o noso mundo político como queiramos –deseño institucional variable-.
Podemos decidir porque estamos no reino do ARTIFICIO.
É unha conclusión das premisas anteriores, a capacidade de crear un mundo político dacordo coas nosas preferencias.
A política é un mundo que creamos coa nosa capacidade de deseño.
5. MÁQUINA/TÉCNICA.
Política entendida coma unha máquina, cos seus engranaxes, de ahí proceden expresións como a de enxeñería constitucional.
6. ECONOMÍA/CIVILIZACIÓN.
Civilización capitalista que progresa sempre. Teñen unha idea de crecemento ilimitado dos recursos naturais. “Hai que domina-la natureza”, sometela para progreso da civilización. Camíñase cara unha única civilización con superiores valores, e na que todos estaremos ben porque rexe a razón.
7.INDIVIDUO.
O individuo que defende a ilustración está basado na idea da razón, de progreso…
O individuo no que se basa o liberalismo –temos intereses económicos e somos autónomos- fíxase a si mesmo os seus fins, postula os seus propios valores.
Moral.- Nós temos valores individuais. ¿Qué vida paga a pena ser vivida?
O pensamento ilustrado é moi unilateral.
Idea básica do consenso –Rowles-
Idea optimista do individuo e das súas obras.

Somos nos mesmos os que construimos a nosa realidade. Pensar por nós mesmos para así poder chegar á autonomía, autodeterminación persoal. Dise que cadaquén elixe o que fai na vida. Trátase dun individualismo posesivo.

8. PROGRESO.
Da man da razón elaboramos a nosa moral. Poñémonos a nós mesmos os nosos fins. O coñecemento vainos levar cara ao progreso. A ilustración constrúe esa fe no progreso. Etapas que vai recorrendo a humaidade, sempre cara arriba e a mellor. O mito da modernidade. Idea de progreso cara adiante. Por qué non queimar etapas se sabemos cara a onde imos. Podemos queimar etapas –revolución- . A idea de revolución é unha idea ilustrada –moderna- (franceses / lenin).
Revolución = Razón + Vontade. (coñecementos + impulso necesario para realizar a razón). Coa revolución cambiamos o mundo e cambiamonos a nós mesmos.
Franceses, é preciso ser libres. Rusos, crear un home novo.
O progreso é cara adiante sempre, pero tamén cara a unha civilización universal. Construir unha linguaxe que permita abolir todas as diferencias (linguaxe universal: matemática / gramática universal: esperanto).
Os valores políticos teñen que impoñerse aos demais. A idea de progreeso leva a todo esto.

9. POBO.
Centran a atención en individuos singulares que da man da súa moralidade fixan os seus fins, teñen os seus intereses. A máxima expresión da política é o voto individual libre e secreto. O pobo é algo plural. Idea de liberdade. Idea de liberdade individual –fundamental- “todos e cada un de nós” constitución dos EE.UU.
O pobo que fala un a un como elementos singulares. Da man desa idea de pobo é o correlato de CIDADAN.
- a tese do estado-nación é donde hai un estado solo pode haber unha nación-
10. LEI.
O estado crea o dereito e a razón (idea de dereito positivo). É algo creado para unha cousa determinada. É posible articular todas as normas. Idea de código.
A lei é a expresión da razón, definida polas maiorías no parlamento. Algo artificial, positivo, creado. (monismo xurídico).
11. LIBERDADE.
Liberdade dos individuos singulares que deciden.
Idea de autodeterminación. Individuos que actuan conforme aos seus criterios, ao seus xuízo, forma parte da súa reflexión –autonomía-.

12.CRÍTICA.
Nós somos nós mesmos. Fundamentación do individuo singular, irrenunciable.
E a obriga das institucións de facilitar ese plan de vida –condicións de igualdade-
A vida comenza polo autorespeto.

Romanticismo
1. PAIXÓN
PAIXÓN como dimensión clave para entender a política.
Recuperar o mundo dos afectos (paixón).
Rompe coa confianza na razón, e subliña o sentimento.
O coñecemento racional non abonda para explicar a complexidade do universo e dos seres humanos.
Importancia do mundo afectivo.

Varias teses (reflexións románticas):
¿E se o mundo non é totalmente coñecible? ¿hai límite ao coñecemento?
Non se pode ter excesiva confianza na razón, en poñer ao ser humano no centro do universo.
- ¿non hai un exceso de confianza na razón?
- ¿e se o coñecemento non é acumulativo?
Non é importante o que quere a xente máis unha cousa que outra. Esforzos polas causas. ¿é máis importante o cuantitativo ou o cualitativo?.
Por qué a relación coa natureza ten que ser a nosa.
Nos valores que descubrimos non estamos desvelando, obrigándonos a decidir e responsabilizarnos.
Non está todo xustificado no progreso.
- ¿se o que descubrimos é distinto e diferente?
Temos que impoñer o noso discurso, a nosa razón. Se o mundo é complexo e plural.¿por qué entendemos que imos cara a unha linguaxe universal?
2. MISTERIO.
O mundo secularizado perde unha parte importantísima. Perde encanto, perde o MISTERIO.
¿Qué ocorre cos contornos máis oscuros?
Non sexa que a base de tanta luz esteamos perdendo as sombras. Na arte reivindica a dimensión relixiosa.
Fronte a secularización contrapoñen a dimensión de misterio, (a capacidade de comprensión). Ante a metáfora da luz, incluen a metáfora da noite.
3. Ademais de intereses temos PAIXÓNS, indignación, xenreira, afecto, medo… se xogan un papel fundamental, ¿Qué ocorre?
Se a política conleva tamén paixóns, xa non son tan negociables, tan agregables… as paixóns non se negocian.
Un mundo frio de intereses ao mellor non abonda para que a xente participe en política.
¿Qué ocorre se os seres humanos teñen preferencias de segunda orde: preferencias sobre as preferencias? ¿Cómo se agrega eso? Si se quere querer.
A filosofía materialista na que os intereses están dados ten un límite aquí importante.
¿E SE OS INTERESES NON SE DESCUBREN –agregan- SENÓN QUE SE PRODUCEN?
Dimensión productiva, imaxinación creativa. Introduce unha dimensión capital: a política é a produción de intereses.
4. NATUREZA.
Fronte ao artificio resaltan a natureza.
A natureza non se muda con un deseño institucional.
A natureza é algo do que participamos, do que non queremos separarnos, pero ao mesmo tempo é algo terrible…

Cap II Manual Teoría Política Contemporanea. O papel das paixóns na teoría da democracia.

5. ORGANISMO/VIDA.
Di que a ilustración propón a creación dun mundo frío no cal todo se traduce en intereses. Eles optan por levar á política a un mundo de sentido. Din que a política debe encardinarse no seu medio ambiente.
6. CULTURA(S).
. Din que as distintas culturas teñen valores engadidos por sí mesmas, e non se deben de perder porque senon quedariamos sen unha parte importante da humanidade. Cada xeito de pensar, que se traduze nun xeito distinto de face-las cousas, é dicir, a pluralidade, é fundamental, e non pode ser perdida. Esta pluralidade contraponse ao Estado-nación, que intenta homoxeneizar impoñendo unha lingua, unha cultura, unha cultura, un metarrelato histórico igual para todos e rexeitando a pluralidade.
7. COMUNIDADE.
Fai mención que o capitalismo está rompendo os vínculos tradicionais das comunidades. Aparece a explotación masiva do proletariado nas grandes cidades.
O romanticismo chama a atención que a comunidade é un elemento fundamental. O romanticismo é un pensamento do gusto pola comunidade.
Para os romanticos a moral individual… subliña que temos que prestar tención á comunidade.
ETICIDADE. Temos valores que compartimos con outra xente. Temos experiencias comúns. ¿Qué pasa cos valores que son comúns a nosa sociedade. Non se trata dunha contraposición entre o individuo e a entrega a comunidade. Non é este o ideal romántico. Precisamos da comunidade pero é que nela non nos imos a atopar ben. Non chegamos a un mundo donde donde se resolven os conflictos.
IMPOSIBILIDADE DE RECONCILIACIÓN, fronte a idea de consenso. A comunidade é tamén un lugar de conflicto. O conflicto é a contraposición teñen un papel importante.
Leva a un concepto de identidade máis desgarrado. Non solo se recupera a idea de comunidade, senón que se cuestiona a idea de individuo como creador racional. Somos plurais e a nosa identidade é fragmentaria –pensamento da escisión-. O retrato do suxeito moderno complícase extraordinariamente.
Irreparable escisión do ser humano dr.Jeckill & Mr.Hyde.
RECUPERACIÓN DO QUE DEBEMOS Á COMUNIDADE.
FRAGMENTACIÓN DO SUXEITO (cuestionamento da identidade).
Valórase a comunidade. Nós estamos situados nun contexto determinado (inseridos nunha comunidade). E mediante esa comunidade accedemos ao coñecemento do mundo.
8. TRADICIÓN.
A onde imos con esa fe no progreso. ¿Todo é para adiante? Efectos da revlución. Efectos da industrialización.
¿Quen interpreta o progreso? Unha minoría. Dereito a colonizar os pobos atrasados. Ese é o lado oscuro do progreso. Unha minoría ilustrada pode impoñer aos demais, guiar ao pobo ignorante e indocumentado –idea de avangarda-.
O discurso romántico é unha impugnación da modernidade. Unha crítica do progreso. O revolucionario romántico non ten esa fe no progreso. Os descubrimentos do ser humano teñen un lado negativo. A ciencia e os descubrimentos poden servir para a destrucción da natureza. Os románticos ven o lado oscuro do progreso. Hai unha desconfianza dos avances da ciencia.
Os valores que descubrimos poden ser irreconciliables entre si. Neste ámbito da dúbida os románticos mencionan a idea da TRADICIÓN (a volta a tradición non é a volta ao tradicionalismo).
Sobre que base os valores de outras comunidades son inferiores as nosas. O etnocentrismo serviu para o xenocidio. O elemento fundamental é a idea de PLURALISMO. Necesidade de negociar valores distintos. Hai valores que non van a cambiar por estar vinculados ao modo de vida dos pobos.
Como imos a facer un mundo igual, e que non ten que haber un lugar para a diferencia.
Os románticos recuperan a idea da TRADICIÓN(S) que ten unha parte histórica e unha parte de gusto polo diferente.
Gusto pola ruína:
- co progreso estamos liquidando sen pararnos a pensar o que estamos destruíndo.
- a ruína implica o trunfo da natureza sobre o ser humano.

Contraposición fundamental en política
9. NACIÓN.
Os románticos chaman a atención sobre se non hai reconciliación entre a nación e o estado.
Se non hai tensión (pluralismo cultural) dentro do estado hai que revisar esa idea de estado.

10. COSTUME.
Hai regulacións propias específicas dunha determinada maneira de entender as relacións mercantís, e a familia. (pluralismo xurídico).

11. FIDELIDADE.
A unha tradición, a unha comunidade. No sentido de ser debedores dunha cultura….
AUTENTICIDADE. Recoñecémonos a nós mesmos na medida que outros nos recoñecen a nós.
O mundo do sentido é importante para a política.
12. RECOÑECEMENTO.
Hai unha dimensión individual pero hai outra dimensión importante porque a liberdade de cada quen nace na medida que teña un contexto recoñecido.
Importancia do recoñecemento dende o pluralismo.

Da man da razón, do interés a óptica da ilustración é excesivamente optimista para os románticos.
O consenso é posible e negociable. Todo se acaba reducindo a unha visión materialista. Os románticos son os primeiros en advertir que en contextos o conflicto é inevitable. Hai que ser quen de asumir o conflicto como parte da vida política. Hai elementos que para algunha xente son irrenunciables.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis