Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

LANCHA DE PATRIANO

24/11/2006 GMT 1

TP2 Comunitarismo

pacucho @ 10:08

COMUNITARISMO
A crítica inicial que recibiu a obra de Rawls, que se engloba na etiqueta do COMUNITARISMO.
O comunitarismo entronca con dúas cousas:
- Recupera temas da crítica romántica a ilustración.
- Incorpora achádegos da filosofía e metafísica contemporánea. Aportacións do xiro lingüístico contemporáneo, que comenzou con Nietzsche e Heiddeger, dará lugar a unha reformulación do panorama filosófico contemporáneo.
A teoríad a xustiza (1971) de Rawls causará un enorme debate. Da man de WITTGENSTEIN (a mente filosófica máis brillante dos últimos dous séculos –deus-) terá un impacto decisivo porque experimentará na súa propia obra un cambio radical. Decía en 1921 que a linguaxe perfecta era a que reproducía a realidade…(a linguaxe cinetífica) e que calquer intento de metafísica era un intento van condenado ao fracaso.
Tratatus logicus filosoficus (1921) «do que non se pode falar –na linguaxe do neopositivismo lóxico- o mellor é calar».
Por fin dispor na filosofía da linguaxe da ciencia, da Ilustración.
En 1934 B.Russell dixo que Wittgenstein mudara e que estaba traballando nunha filosofía que nada ten que ver… o chamado segundo Wittgenstein
En 1953 publícase As investigacións filosóficas, dí como Nietzsche que non hai feitos senón interpretacións. Cad alinguaxe ten sentido nos xogos da linguaxe propia de cada tradición. Fronte a idea básica da Ilustración que dí que hai unha linguxe universal, Wittgenstein dí que hai unha multiplicidade de linguaxes no mundo.
Ideas que xa aportara o debate entre Ilustración e Romanticismo. A contraposición entre individuo e comunidade.
Rawls fala de pluralidade de valores, de pluralismo. Concepto de autonomía individual.
O romanticismo apuntaba cara un valor, pero non se identifica claramente con el (comunidade). Temos que recuperar a dimensión da comunidade.
O segundo Wittgenstein dí que é unha quimera pretender que existe unha linguaxe universal. A imaxe máis acertada é pensar dende unha visión pluralista das linguaxes. As linguaxes refírense ás comunidades. Defender que hai un parámetro universal co que abarcar a todas as linguaxes é ridículo.
A idea básica é que a dimensión que estamos constituídos polo pasado, polas comunidades, que a excesiva fe na razón universal é enganosa.
Os pensadores Hamman, Herder, Humbodlt, aportaron a idea básica de cultura(s) fronte á civilización universal. Cada cultura ten o seu valor.
A dimensión básica é que a comunidade é a que se está a perder co progreso, co capitalismo.
O romanticismo foi un movemento que chamou a atención en que o sentimento que prospera é o de “perda do seu” homeleswess.
Alomenos cabe a pregunta de se ese sentimento de perda da patria, da comunidade… é a dimensión.
Esto é o que unha serie de filósofos políticos retoma fronte a obra de Rawls, é o que se chama Comunitarismo.
Ten unha doble anclaxe:
- Romanticismo.
- Xiro lingüístico hermenéutico (Nietzsche, Heiddeger, 2º Wittgenstein).
Durante os 70’ domina unha filosofía política e moral formulada dende estratexias racionalistas. A lóxica é racional (constructivismo) e de razonabilidade (tolerancia) pero sempre pensando en individuos concretos.
Producto da crítica do comunitarismo nos anos 80’ e 90’.
Os elementos que se valoran é o inserimento da racionalidade individual na colectiva. A idea básica é decir como podemos fundamentar un orde social e político democrático entendendo que os individuos non están aillados, senón agrupados en diferentes comunidades. O mundo non é atomístico de millóns de individuos aillados, senón que comparten linguaxes, valores…que compartimos en común…que é preciso incorporar na esfera pública e non uns valores moi ‘moles’ compartidos por todos como propoñía Rawls. Vivimos en ocmunidades e debemoslles a esas comunidades tamén uns valores que construimos entre todos e que se manteñen na comunidades.
Este é a base da crítica que fai o comunitarismo á teoría da xustiza de Rawls.

Ideas básicas de Rawls
Os individuos/persoas dirixen a súa propia vida según os seus criterios, son libres para a crítica. Somos nós na medida que construímos a nosa idea do mundo (autonomía moral) quen de dirixir a nosa propia vida, podemos elaborar e modificar… o eu ponse a si mesmo os seus propios fins. Temos capacidade de crítica. Idea básica: AUTONOMÍA.
Debedor da idea que somos autónomos, a soberanía do suxeito… o individuo ponse os seus propios fins. O eu é anterios aos seus fins. Nós somos previos aos nosos fins
Neutralidade do estado. Como temos a nosa escala de preferencias, o estado que non interveña. Prioridade da xustiza sobre o ben (razonabilidade).
Os valors poden defenderse por si mesmos e o estado ten que ser neutralmente activo.

Teses comunitaristas
Autonomía ou non é un concepto axeitado ou polo menos non é suficiente, porque temos que incluir a AUTENTICIDADE. Temos unha idea do ben común non simplemente de preferencias individuais e ese ben común depende da comunidade na que estamos inseridos, vivimos nun contexto social, polo tanto o ideal de vida ten que incluir ese concepto de autenticidade. Non é verdade que esteamos repensando o mundo constantemente, collemos moitas ideas que son producto da comunidade, somos debedores da comunidade en moitos aspectos, e precisamos dunha teoría política que recoñeza a esta realidade (somos debedores do mundo no que nacemos). Somos o que é a nosa comunidade en moita medida. A comunidade márcanos para ben e para mal. En poplítica o concepto de autonomía é o de autencidade. Non podemos pensar a política como se fosemos individuos, sexamos realtores e edifiquemos unha teoría política dacordo coa realidade na que vivimos.
O eu é debedor da súa comunidade, e a comunidade é a que é constitutiva do suxeito e dos seus fins.
Com – Fin – Eu fronte a Eu – Fin – Com
Somos na medida que nos recoñecemos a nós mesmos (filosofía do xiro hermeneutico).
Somos na medida en que nos recoñecen os outros. Nunca seremos se non somos recoñecidos polos demais.
O eu resulta debedor da comunidade, a comunidade ponnos os fins.
Prioridade do ben sobre o xusto. As comunidades políticas teñen uns valores fundamentais para nós (a comunidade). Non podemos deixar que os nosos valores queden ao albur do mundo. Os valores son importantes para nós porque nos son constitutivos. E o estado ten que intervir. Fronte a neutralidade do estado é preciso que esa linguaxe, eses valores sexan defendidos polo estado. O estado ten que estar ao sevizo dos valores da comunidade.

Estamos cambiando a maneira de argumentar, a lóxica que víñamos mantendo (racionalista) xa non serve. É moitas veces unha lóxica inductiva e outras veces non é unha lóxica, é un valor constitutivo non facilmente negociable nen reducible a un argumento.
Cambian non solo as teses, muda a maneira de facer filosofía política.
Críticas comunitaristas a Rawls.
1ª.Crítica global á filosofía política e moral da modernidade. (impulso netamente romántico).
Da idea básica: a idea que a razón, a moral e a política dedúcense da razón. Esa idea de razón práctica é negada. A idea de razón=moralidade=política, non da conta da textura moral do noso tempo.
Non podemos razonar sobre cales son os mellores principios (Rawls) –platonismo moral-.
Investigando descubrimos os principios da moral, hai unha ciencia da moral, hai unha ciencia da política.
Os románticos dín que non hai principios exteirores; as ideas que presiden as nosas institucións construímolas dende a acción humana (deixan a Platón por Aristóteles).
Os comunitaristas dín que donde están presentes os seres humanos non hai simplicidade de principios, esatmos compostos por valores.
A primeira idea é unha crítica filosófica.
NUSSBAUM (desigualdade). O coñecemento do amor. Temos que ser capaces de itroducir a dimensión da sensibilidade.
Os comunitaristas dín que no debate da teoría polítca é preciso introducir outras dimensións amais dos argumentos.
Os comunitaristas cuestionan as bases da Razón como principio fundamental.

Cap. Manual de Teorías Políticas Contemporaneas. Capítulo pensadores comunitaristas.

O Comunitarismo é unha crítica sistemática ás poscicións de Rawls. Critica ao individualismo, non o liberalismo.
O comunitarismo propón unha serie de teses:
1.- Os comunitaristas reclaman unha serie de principios abstractos que apelen a doutrinas comprensivas. Ese adelgazamento moral é rexeitado polos comunitaristas. Fronte á obxetividade, eles propoñen a subxectividade das ideas (A teoría política non pode esgazarse das ideas morais).

2.- Idea de ben. Imposibilidade de separar a idea de xustiza da idea de ben. (Din que a teoría de Rawls, a pesar de tentar non facelo, faise dende unha idea de ben, non é neutra; débese ao liberalismo igualitarista). E polo tanto, non sería posible facer unha teoría sen ser debedores dunha idea de ben.
3.- Idea do eu. Identidade. Resulta insostible a postura de Rawls, dun “eu” sen atributos, sen débedas. O ser humano fai máis que razoar, elexir, comparar… A persoa humana é un concepto distinto, somos máis que razonables e racionais. A idea de persoa de Rawls queda demasiado baleira (Eu descontextualizado). Non somos razón, porén non somos razón individual. Temos capacidade de razón, xuízo, pero hai algo máis. O noso xuízo está rexido por algo máis, está inserido nun contexto, exprésase a través dunha linguaxe determinada, argumentamos dentro dunha gramática. E esa linguaxe remítenos a unha interpretación. A nosa mirada crea parte da realidade (Non hai feitos, senon interpretacións). Deconstrucción da cadea lóxica. Os comunitaristas inciden en que non somos individuos isolados. O que nos fornece de interpretación é a propia comunidade, pola cal acedese ao mundo e a partir da cal dótase de sentido ao “eu”.
4.- Comunidade frente a sociedade. O mundo urbano vese como un mundo de aillamento, xa que os vínculos tronzan. Cadaquén pode facer o que lle pete, porque é un ser anónimo. Non hai unha comunidade que esté pendente dos seus movementos. Pola contra, a identidade colectiva, di que accedemos ao mundo provistos de sentido, debido á linguaxe heredada do mundo no que vivimos.

TÖNNIES.
Rómpense as bases filisóficas do contractualismo. Chama a atención sobre o que a comunidade representa. Non presenta un mergullamento radical, nen unha volta atrás (a tempos medievais) Da man do mundo racional chegamos a un mundo esencializado. Un mundo basado no pluralismo cultural.
Tipos de Comunitarismo:
- Comunitarismo Conservador (McIntire). A comunidade constitúenos. Éo tipo máis radical.
- Comunitarismo Liberal (Kymlilka). Propón un equilibrio entre comunidade e razón. Di que accedemos ao mundo a través da comunidade.
- Comunitarismo Republicano (Sandel, Taylor). A comunidade é debatida dende a razón pública.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis